Foto: (c) AGE |
Aí vai a miña opinión (se cadra nada orixinal), por se a alguén lle interesa. Beiras ten dúas posíbeis razóns para facer o que fixo hoxe.
1 - Liberar dalgún xeito a carraxe que xera que se cachondeen dun
por emocionarse, que fagan chanza de amigos que morreron por culpa de
energúmenos como Marcial Dorado.
2 - A vontade premeditada de dar unha chamada de atención, ao estilo
do zapatazo histórico, sobre un tema que xa estaba desaparecendo dos
medios, especialmente dos do réxime, e tamén se cadra das mentes de
moitos cidadáns.
Tal como o vexo, calquera das dúas razóns son suficientes para dar un golpe na mesa. Se foi carraxe, eu empatizo con ese sentimento provocado por quen se
mofa da sensibilidade dun. Se foi estratexia mediática, Beiras hoxe copa
as portadas de todos os medios dixitais e os meus compañeiros
madrileños comentáronme a xogada no xantar. Misión cumprida, logo.
Anímovos á fraternidade e a cuestionar certas normas da "etiqueta" parlamentaria. O forno non está para bolos.
(Texto pouco elaborado, adaptado dun comentario meu en Praza)
Ningún comentario:
Publicar un comentario