15 de febreiro de 2013

O experimento Parroquia




Parroquia Atlántica é como se chama o experimento co que andamos a enredar Silvio Falcón, Pablo Casal, Alberte Montes, Xosé Manuel Fernández e máis eu dende hai algún tempo. Aínda non sei como se chama o que facemos. Os energúmenos above mentioned coñecímonos dunha maneira ou outra no Barcelona Atlàntica. Aquilo si que se podía definir facilmente: un programa de radio amateur en galego dende a diáspora. En Catalunya está moita da Galicia que podería ser, xa sabedes.

O Parroquia aínda está atopando o seu lugar e o seu xeito. Está verde e apenas asoma as orellas, pero ten ilusión. Poderiamos dicir que é un videopodcast en directo ou unha videoconferencia en streaming aberto. Todo expresións longas. Botamos a faltar a cervexa e o bocadillo que acompañaban sempre ao programa en Barcelona: o experimento Parroquia permítenos comprobar que internet aínda non substituiu a proximidade física. Por contra, permítenos emitir dende Bruxelas, Barcelona, Madrid e Monforte simultaneamente. Non está mal.

Escribo isto mentres escoito Ataque Escampe e apéname que sexa difícil tecnicamente combinar as nosas voces parroquiais coas sintonías atlánticas correspondentes. Pero hémolo conseguir máis cedo que tarde.

Optimista, penso que se todas aportamos o noso mínimo nó á rede de comunicación horizontal, amateur, nas nosas linguas respectivas, enriqueceremos a terra que pisamos e a que pensamos, e aumentaremos a biodiversidade.

É dicir, que te agardamos na Parroquia Atlántica sempre cos brazos abertos. E sabemos que hai mil enguedellos máis nos que embelecar. Xa que logo, fagamos rede para liberarnos.

Parroquia Atlántica: Web / Twitter / Facebook / Google+

Actualización 21.02.2013

A pesar da ilusión que mantiña neste experimento, parece que a árbore non prendeu. Cancelamos de momento o Parroquia Atlántica por problemas de axenda dos seus "podregonistas". Foi un pracer. Volveremos?

6 comentarios:

  1. Grande!!!
    Acabo de enterarme e gústame moito a idea!!
    Vou poñerme ao día no que xa tedes feito e contar cun seguidor/difusor máis.

    ResponderEliminar
  2. Jesús, pronto contamos contigo!

    Anxo, non sabes como nos anima o apoio da audiencia! Calquera comentario, crítica, axuda, todo é benvido!

    ResponderEliminar
  3. Queremos máis podregonistas!

    ResponderEliminar
  4. Que o cacelades????? Noooooooooooooooooooonnnn :(

    ResponderEliminar
  5. Hijos de puta, han matado a Parroquia Atlántica!, peor que se mataran a Kenny :P

    ResponderEliminar