26 de xaneiro de 2013

9000 leguas baixo o mar



Hoxe quero recomendarvos unha novela de aventuras pola que é fácil apostar, un clásico, "un Stairway to Heaven case", como dirían os Heredeiros: "20000 lieues de voyage sous les mers", de Jules Verne.

Non sei que nivel de destreza en francés sería o recomendábel para animarse con este libro en versión orixinal, pero eu estou enganchado. Iso si,  poucas son as páxinas nas que non descubro unha palabra nova. Aí xoga como un crack mediático o lector de ebooks: se para ler na túa lingua poderiamos ter a clásica discusión entre papel e libro electrónico, para ler nunha lingua que non dominas arrasa o “livre numérique”, como seica din en Francia.

Así como o “Voyage au centre de la Terre” me fascinou sobre todo pola xeoloxía que tiña escondida baixo o cráter islandés, as “20000 lieues” supoñen un libro máis demorado, máis aillado aínda da sociedade do momento. Só o capitán Nemo, o profesor Aronnax, Ned Land, e miles de plantas e animais acuáticos.

Con Verne estou entendendo o significado da expresión “ciencia-ficción”, porque as súas novelas están cheas das dúas palabras, e moitas veces ao escoitar “ciencia-ficción” so pensamos na segunda.

Cada noite, antes de durmir, unha boa viaxe baixo o manto mariño, de illa en illa e de océano en océano, é o mellor exercicio de relaxación que se pode imaxinar. Recoméndovolo.

Ah, o 9000 que puxen no título é porque aínda estou perto da metade do libro. Non hai présa.

Nano-crítica: "Hay alternativas"

Hay alternativas: Propuestas para crear empleo y bienestar social en España

My rating: 5 of 5 stars

El primer paso para construir una sociedad más justa es conocer las alternativas posibles a la situación actual y las herramientas que podemos utilizar para ponerlas en práctica.

Toda aquella persona que esté en desacuerdo con cómo se gobierna hoy España, Europa y el mundo debe leer este libro. Y a continuación discutamos las propuestas, difundámoslas y apliquémoslas entre todas y todos.

23 de xaneiro de 2013

Ouriceira meets Ommwriter

Captura de pantalla do proceso de escritura deste post, con Ommwritter


O autobús serpentea entre a neve. Un medio de transporte pouco áxil. Sempre me movería en tren. A vida en tren e bicicleta. Os ollos viran a rubio de cando en vez, hoxe é un deses días. O teletraballo seguro que o inventou Rodrigo Rato, experto en pufos.

A Parroquia Atlántica reúnese ao redor da lareira, uns días con máis calma, outros con aínda máis improvisación que a media.

O inverno é inverno en todos os países, tanto ten Londres, Madrid, Lugo, Barcelona, Luanda… ben, Luanda é  diferente.

Isto é unha proba dun ommwriter a escribir en Ommwriter. A Ouriceira como un Lore Ipsum sen fin. Però amb il·lusió.

16 de xaneiro de 2013

Nano-crítica: "Meu pé de Laranja Lima"

Meu Pé de Laranja LimaMeu Pé de Laranja Lima by José Mauro de Vasconcelos
My rating: 3 of 5 stars

Boa inmersión na miseria infantil brasileira, cos soños e esperanzas do protagonista como contrapunto. Moi entrañábel, pero ás veces cun aire a "O Principiño" do que non gustei moito.

View all my reviews

7 de xaneiro de 2013

Lección de hoxe: perseveranza


Lección de hoxe: a perseveranza sempre ten premio. Dun xeito ou doutro. E si, nada pon máis a proba a túa perseveranza que tentar acordar un meeting co teu supervisor! Se a iso lle sumas un día de devorar PDFs... almost perfect.

Xa. A ninguén lle interesa isto. Son só típicas pequenas aventuras e desventuras dun PhD Student. Pero quedará aquí escrito para que non leve estes pensamentos o vento.