9 de decembro de 2012

Notes from Battersea: Cycling Thames


Xa sabedes que son un namorado (pesado) das bicis. Aproveitando o Cycle Hire, tamén coñecido como Boris Bikes ou "o Bicing de Londres", hoxe fixen unha roita turística-ciclística seguindo o río, un cacho pola beira Norte e outro polo South bank.

Para circular ben pegado ao río terás que compartir espazo moitas veces coas viandantes, cousa que obriga a pilotar a bici con xeito e nalgúns casos ir a pé, coa bici de ramal (encántame a expresión de ramal: de ramal hay que decirlo más).

Esta roita de hoxe confirma unha vez máis que Londres é unha cidade espectacular, mírela por onde a mires. Déixovos co mapa da ruta que ciclei e co álbume de fotos dun día anubado que deu moito de si.

Mapa (Endomondo):

Fotos (Google+):

1 comentario:

  1. Ba news: Mangáronme a Massi. Por outra banda, faleiche do South Bank e de Barbican, pero esquencinme falarche dos centos de canais e ramais (bonita verba), bueno, supoño que xa os descubriches por ti só.

    ResponderEliminar