Foto: Mònica Oltra |
Non será o feito de cualificar a outras persoas como demasiado optimistas o que fai que un mundo mellor nunca se materialice?
A inmensa maioría da poboación adulta está desexando que madures dunha vez, que perdas a ilusión por unha sociedade máis xusta. Queren que sexas coma eles e elas, moi realistas, buscando argumentos polos cales a orde establecida é imposíbel de cambiar. É imposíbel que a non corrupción sexa norma entre os gobernantes. É imposíbel que España sexa un estado máis democrático. É imposíbel que o Lazarillo de Tormes aquí e Fraga alá deixen de pesar como lousas de chumbo sobre as nosas cabezas.
E entón revírome e volvo á mesma pregunta daqueloutro día entre tapas: se todo é imposíbel para que demo vives? Vives co único obxectivo de manterte vivo? Vale. Moi animal. Pero moi pouco humano.
Morte ao realismo.
Fronte Optimista Democrática vencerá e os corvos só serán preciosos paxaros negros, nunca máis aves de mal agoiro a recortar orzamentos porque esh la única sholución poshible.
Avante toda!
Actualización 02.10.2012
Un amigo dime que atopou a banda sonora desta anotación. Aquí vola deixo, logo:
Actualización 02.10.2012
Un amigo dime que atopou a banda sonora desta anotación. Aquí vola deixo, logo:
Ningún comentario:
Publicar un comentario