Foto: Joan M. D. |
"A min gústame pensar o 15-M como un ourizo. Carne tenra e púas infinitas, a dimensión acolledora e incluínte e os nons. A púa mide a realidade desde o trato que recibe a miña dignidade humana. Isto asfixia ou estrangula a miña dignidade? Entón saco unha púa para picalo e respirar libremente, con independencia de se ten o seu obxectivo a cinco centímetros ou ten que cruzar tres galaxias (a dación en pago ou a autoxestión). O mesmo nome "indignados" arrinca da palabra dignidade. O 15-M define a realidade desde a dignidade, non en que medida a levo dentro, senón como a atopo encaixonada, maltratada e ferida polos poderes que manexan o mundo. E convida a calquera a sumarse como un máis partindo das feridas que cada cal sofre na súa dignidade. Isto viuse claro nas marchas a Madrid en xuño de 2011 que ían recollendo os diferentes agravios en asembleas polas vilas e o campo."
Unha interesante entrevista de Amador Fernández-Savater ao investigador e asesor pola paz Juan Gutiérrez, sobre "o inimigo", a violencia, o 15-M, o 25-S... Certo é que Gutiérrez refírese aos animais ourizos e non aos vexetais ourizos, mais non me digades que non engaiola a comparación.
Ningún comentario:
Publicar un comentario