Foto: @alternativagz |
1. Porque confío en que AGE cumpra o que pregoa: ser unha ferramenta da cidadanía, movementos sociais, plataformas, sindicatos e asociacións que formulan alternativas ao actual austericidio. Se esas alternativas se escoitan ben alto no Parlamento, as cousas cambiarán máis cedo que tarde.
2. Porque necesitamos un equivalente galego (non copia) de Mònica Oltra: que os que estafan ás galegas teñan pesadelos nos que unha parlamentaria lles canta as verdades.
3. Porque a complexa e rica identidade galega está moi presente na AGE.
4. Porque nunca choveu que non escampase: para superar o colapso da economía e do planeta fai falta comezar xa a construción dunha sociedade máis xusta entre todas.
5. Porque Manuel Rivas apoia a Alternativa. Non pode ser casual.

6. Porque as propostas económicas de AGE coinciden nunha enorme parte coas do grande economista crítico Vicenç Navarro.
7. Porque é preciso abrir as xanelas e que corra o aire fresco polo Parlamento, que aumente a pluralidade.
8. Porque a versión 2.0 de Beiras superou á versión inicial que algúns iamos ver aos mítins cando eramos adolescentes.
.
9. Porque as persoas de Anova e Esquerda Unida están demostrando ter os ollos e as orellas abertas á activación social e política que se está producindo en forma de indignación e novos movementos sociais mutantes e líquidos. A Alternativa Galega terá que ser forte e flexíbel á vez.
10. Porque a renovación de formas e fondos, a vontade cooperativa fronte á competitiva, está presente, grazas en parte ao Espazo Ecosocialista.
11. Porque o presidente do Seminario Galego para a Paz, Manuel Dios, forma parte da Alternativa.
12. Porque as persoas do BNG activarán a súa mellor vontade cooperativa e o seu mellor traballo ao ver que entre todas podemos gobernar mellor o país, ben engarzados os nosos brazos na extensa e variada sociedade do 99%.
13. Porque quero que a xogada de La Voz de Galicia de darlle cancha a Alternativa se lle volva en contra, e medre unha sociedade máis esixente e crítica, cunha maioría social que estea en contra dos privilexios dos grandes grupos mediáticos.

+1. Manifesto do mundo da cultura en apoio á Alternativa Galega de Esquerda
Ningún comentario:
Publicar un comentario