Dezaseis de agosto de dous mil doce no caderno selvaxe.
Gustaríame vivir polo menos tanto tempo como para ver desaparecer os coches de gasóleo e gasolina. Imaxina o silencio que inundaría todas as cidades. Xa sabes, ese silencio que potencia os sons pequenos. Para entendernos, o ruído serían os piñeiros e os eucaliptos: no momento en que os quitas, unha sinfonía de vexetación diversa prospera. Ou o que lle pasou aos mamíferos tras a extinción dos dinosaurios. Pois o mesmo cos vehículos de gasolina e gas-oil. Enrédome nisto porque os coches que pasan pola estrada a cen metros de aquí é o único que se podería dicir que sobra neste momento.
Neste lugar, ao que chamaremos en clave "A Paxareira", agora mesmo a preciosidade é absoluta.
Ningún comentario:
Publicar un comentario