No aeroporto de Prisciliano de Compostela, é dicir, en Lavacolla, só hai un andel de libros en galego. Non é que haxa só unha estantería de libros galegos, que sería aproximadamente un dez por cento do total. Non, unha liña soa. Uns dez libros diferentes. Só dunha editorial. Manda truco. E nin un libro en inglés... Que diría Frijolito!
Total, que merquei un libro en galego, nese quiosque tan cordialmente trilingüe. Algo quería facer. Que cada quen faga algo; o que poida.
Escollín "In vino veritas" de Francisco Castro, sobre todo porque lle sigo o blogue, A Canción do Náufrago. "Le sigo desde hace tiempo pero no he leído ningún libro suyo", dicía Sofía Mazagatos sobre Mario Vargas Llosa. Imos porlle remedio logo. Xa vos contarei.
Ningún comentario:
Publicar un comentario