30 de agosto de 2012

Triodos Bank en 1 minuto | in 1 minute


 
Un pequeno paso para ti, un grande salto para a humanidade? Moit@s xa demos o paso.

Un petita pas per a tu, un gran salt per a la humanitat? Molts i moltes ja hem fet el pas.

Un pequeño paso para ti, un gran salto para la humanidad? Much@s ya hemos dado el paso.

That's one small step for you, a giant leap for mankind? Many of us have already taken the step.



Related: Soño dunha noite bancaria (Ouriceira, 14.03.2012)

29 de agosto de 2012

Nada | Res | Nothing


Nothing they told us was true. The future is ours.

Res del que ens van dir era cert. El futur és nostre.

27 de agosto de 2012

Operació Bikini de Xarxes Socials | Operation Social Networking Reduction

Foto: DaniloRamos



A les vacances d'estiu molts dels nostres hàbits es trenquen i és un moment ideal per mirar-los des de fora, com si no fossin nostres.

Aquest estiu he observat que Facebook i Twitter estaven en certa manera desbordant el meu cervell. L'allau d'informació i interacció que m'havia creat sense adonar-me'n no em deixava reflexionar o deixar-me portar per un sentiment durant dos minuts: el següent tros d'informació, imatge, vídeo, menció, missatge, ja estava esperant a la meva bústia d'entrada mental. 

El dia 9 d'agost van coincidir dos petits detalls que es van convertir en un desencadenant. A una entrevista a la contraportada del diari Ara l'entrevistador es queixava que cada cop tenim menys temps a les nostres vides. L'entrevistada li va contestar: "això és que passes massa temps a les xarxes socials". Com una llavor de la pel·lícula Inception, una petita frase va generar una petita gran reacció. La mateixa tarda, un amic m'explica que just aquell dia el seu compte de Facebook quedava tancat, després dels quinze dies que Mark Zuckerberg molt amablement et deixa de marge per si has canviat d'idea i vols tornar a la festa.

L'endemà, gràcies a la connexió wifi del bar de la cantonada, amb una cervesa a la mà, vaig tancar els comptes de Facebook i Twitter.

Han passat ja quinze dies des de llavors i de moment la sensació es positiva. Llegeixo més, escric més, escolto més, miro més, estimo més, respiro més i descanso més.

No, no vull aïllar-me del món. Tinc bloc, tumblr, last.fm, goodreads, endomondo, google+ i diaspora. Pas mal, oi? Suposo que simplement cadascú ha de trobar el seu punt. Ara, a més, gaudeixo el plaer d'obrir i tancar xarxes socials com qui obre i tanca capítols d'un llibre.

Potser això no us interessava pas, però jo tenia ganes d'explicar-vos-ho. M'ho perdoneu?

Una abraçada,

Xabre


During the summer holidays most of us usually break our habits. It is a great moment to analyze them from an "external" point of view.

This summer I have realized that Facebook and Twitter were in some way flooding my brain. I built an excessive amount of information and interaction not being conscious of its implications. I could not think or have a deep feeling becaus the following piece of information, image, video, mention, message, was waiting in my "mental inbox".

At 9th August the coincidence of two little details became a trigger. I read an interview where the interviewer complain about not having enough time in his life. The interviewee answered: "you probably spend too much time social-networking". Like planting the seed at Inception movie, a short phrase caused a little big reaction. Same evening, a friend of mine told me that his Facebook account was finally closed, after the fifteen days "quarantine" that Marck Zuckenberg gives you to change your mind and come back to the party.

The following day, using a bar wireless connection and holding a beer, I closed my Facebook and Twitter accounts.

Fifteen days have passed since then and I feel great. I read more, I write more, I listen more, I watch more, I love more, I breath more and I sleep more.

No, I do not want to cut myself off from the world. I have a blog, Tumblr, Last.fm, Goodreads, Endomondo, Google+ and Diaspora accounts. Pas mal, is it? I just suppose each person must find his way and his balance. Apart from that, I have discovered the pleasure of opening and closing social networks as if it were chapters in a book.

Maybe you were not interested in all this stuff, but I wanted to share it. Can you forgive me?

Best wishes,

Xabre

23 de agosto de 2012

Espírito colaborativo



Espírito colaborativo. Así lle chamaba unha persoa moi importante para min ao feito de ter iniciativa para colaborar nas tarefas da casa. A expresión, porén, quero utilizala hoxe noutro sentido, se cadra non tan diferente do orixinal.

A sociedade galega e a política galega precisan máis que nunca espírito colaborativo. É o momento de que as persoas nos unamos e traballemos cooperativamente por un país e un mundo máis xusto e democrático. Simplemente un mundo onde a inmensa maioría da poboación sexa máis feliz e todas as persoas teñan un xeito de vivir dignamente. Simplemente iso.

Para camiñar cara ese obxectivo atopamos dous retos principais:

1. Conseguir entre tod@s que a política e a economía actuais, orientada ao beneficio dunha centésima parte da poboación e perxudicial para o 99% restante, sexa percibida como tal pola maioría social.

2. Tecer entre tod@s unha rede de participación política en positivo, creativa e construtiva, que sexa quen de facerse maioritaria socialmente e como consecuencia, non como obxectivo, maioritaria electoralmente.

Podemos tod@s percibir que o primeiro dos dous retos está moi maduro. As carautas van caendo e o traballo de formigas d@s economistas crític@s, das persoas do 15-M, dos partidos que defenden os dereitos da maioría social, vai dando os seus froitos.

O segundo dos dous retos é o que aparece máis verde, máis duro, diante de nós. E resulta que a resolución ao segundo reto é tan sinxela como poñer os pés na terra e a mirada nos ollos da outra persoa.

Pés na terra: a formulación xeral política que a poboación galega sentirá atractiva e na que se animará a participar non é na actualidade unha alianza anticapitalista. Non quere unha alianza anti-nada, quere unha alianza por algo, por un obxectivo común. Quere construir un mundo mellor dunha bendita vez. Alianza por unha economía ao servizo das persoas, pola xustiza social e para erradicar a pobreza? Vale. Longo pero vale.

Ver o mundo cos ollos doutra persoa: os actos e palabras de desprezo cara outras sensibilidade políticas dentro do amplo abano da defensa do ben común teñen que rematar xa. O parado ten que ser capaz de poñerse na pel da pequena empresaria, a enxeñeira poñerse no papel do funcionario, a que non cre nas nacións ten que comprender ao independentista, e a comunista considerar un compañeiro de viaxe ao socialdemócrata real.

Se así o facemos, construiremos seguro unha alianza participativa e democrática que será valorada postivamente pola maioría da poboación galega e será capaz de mellorar as nosas vidas. Deste xeito, o máis difícil, construír un país e un mundo mellor, caerá como froita madura.

Reguemos ben a cooperación, que logo chega a primavera.

21 de agosto de 2012

Economia del Bé Comú | Economia do Ben Común | Common Welfare Economy

A paixón por tocar a terra | Passionate about touching the land

Foto de Cantarranas

Algo ten tocar a terra que nos fai máis felices. A vós tamén vos ocorre que preferides deitarvos sobre a herba que nunha tumbona? (en galego poderíamos propoñer estomballona, de estomballarse)

Facer murallas de area na praia, xogar cos coches na terra negra do patio da escola, correr esquivando pozas que duran nove meses no mesmo camiño... tamén a vós vos fai sentir fortes, libres, creativos, capaces, felices?

En Lugo a terra está sempre presente: nacen herbas en cada xunta de formigón por moi enxeñeirilmente selada que estea. En Lugo, alí onde a cidade perde o seu casto nome, é dicir, pasadas as Gándaras cara Outeiro de Rei, un nutrido grupo de persoas comparten un terreo tradicionalmente chamado "A Alimaña" para cultivaren verduras, froitas e cereais en máis de dezasete parcelas de dez por dez metros. Non precisamos máis de cen metros cadrados para tocar a terra coas mans. E recoller os seus froitos.

En Tres Cantos, ao norte de Madrid, no que podería ser un deserto solar da periferia, medra un centro. Un centro como o de Lugo, un centro de parcelas, verduras e rego por goteo.

No campus da Universidad Complutense de Madrid seica hai unha horta comunitaria - aula de agroecoloxía, de nome Cantarranas. Alí decidín facer a miña próxima "toma de terra".

Hoxe na revista Nature vin un titular impactante sobre insectos que realizan a fotosíntese, tarefa que moitas persoas pensabamos que só realizaban as plantas. Deixo aí o dato.

Saúde e terra.

There is something about touching the land/ground/soil that makes us happier. Do you also prefer lying on the grass rather than in a lawn chair?

Building sand walls at the beach, playing with cars at the black soil of the school playground, running through the puddles... do this activities make you strong, free, creative, capable, happy?

The land is always present at Lugo: the grass grows into every fracture in the concrete, no matter the qualitiy of the construction. There is an important group of people there sharing a land traditionally known as "A Alimaña". They grow vegetables, fruits and cereals in more than seventeen plots of a hundred square meters each. Enough for touching the ground with our own hands. And enough for collect its fruits.

At Tres Cantos, north of Madrid, what could be an empty plot in the suburbs is nevertheless a center. A center similar to the one in Lugo, a center of vegetables and trickle irrigation.

There is still another interesting land at the Universidad Complutense in Madrid: a communal organic vegetable garden called Cantarranas. I have just decided to do my next "earth wire" there.

I have read an astonishing new in Nautre today: some insects do photosynthesis. Not only vegetables now. Just for you to know.
 

18 de agosto de 2012

No aeroporto de Compostela


No aeroporto de Prisciliano de Compostela, é dicir, en Lavacolla, só hai un andel de libros en galego. Non é que haxa só unha estantería de libros galegos, que sería aproximadamente un dez por cento do total. Non, unha liña soa. Uns dez libros diferentes. Só dunha editorial. Manda truco. E nin un libro en inglés... Que diría Frijolito!

Total, que merquei un libro en galego, nese quiosque tan cordialmente trilingüe. Algo quería facer. Que cada quen faga algo; o que poida.

Escollín "In vino veritas" de Francisco Castro, sobre todo porque lle sigo o blogue, A Canción do Náufrago. "Le sigo desde hace tiempo pero no he leído ningún libro suyo", dicía Sofía Mazagatos sobre Mario Vargas Llosa. Imos porlle remedio logo. Xa vos contarei.

16 de agosto de 2012

Pensamento 1


Dezaseis de agosto de dous mil doce no caderno selvaxe.

Gustaríame vivir polo menos tanto tempo como para ver desaparecer os coches de gasóleo e gasolina. Imaxina o silencio que inundaría todas as cidades. Xa sabes, ese silencio que potencia os sons pequenos. Para entendernos, o ruído serían os piñeiros e os eucaliptos: no momento en que os quitas, unha sinfonía de vexetación diversa prospera. Ou o que lle pasou aos mamíferos tras a extinción dos dinosaurios. Pois o mesmo cos vehículos de gasolina e gas-oil. Enrédome nisto porque os coches que pasan pola estrada a cen metros de aquí é o único que se podería dicir que sobra neste momento.

Neste lugar, ao que chamaremos en clave "A Paxareira", agora mesmo a preciosidade é absoluta.

15 de agosto de 2012

Que tot està per fer i tot és possible | Que todo está por hacer y todo es posible



Ara mateix enfilo aquesta agulla
amb el fil d'un propòsit que no dic
i em poso a apedaçar. Cap dels prodigis
que anunciaven taumaturgs insignes
no s'ha complert, i els anys passen de pressa.
De res a poc, i sempre amb vent de cara,
quin llarg camí d'angoixa i de silencis.
I som on som; més val saber-ho i dir-ho
i assentar els peus en terra i proclamar-nos
hereus d'un temps de dubtes i renúncies
en què els sorolls ofeguen les paraules
i amb molts miralls mig estrafem la vida.
De res no ens val l'enyor o la complanta,
ni el toc de displicent malenconia
que ens posem per jersei o per corbata
quan sortim al carrer. Tenim a penes
el que tenim i prou: l'espai d'història
concreta que ens pertoca, i un minúscul
territori per viure-la. Posem-nos
dempeus altra vegada i que se senti
la veu de tots solemnement i clara.
Cridem qui som i que tothom ho escolti.
I en acabat, que cadascú es vesteixi
com bonament li plagui, i via fora!,
que tot està per fer i tot és possible.
- Miquel Martí i Pol -

Ahora mismo enhebro esta aguja
con el hilo de un propósito que no digo
y me pongo a remendar. Ninguno de los prodigios
que anunciaban taumaturgos insignes
se ha cumplido, y los años pasan de prisa.
De nada a poco, y siempre con el viento de cara,
qué largo camino de angustia y de silencios.
Y estamos donde estamos, más vale saberlo y decirlo
y asentar los pies en la tierra y proclamarnos
herederos de un tiempo de dudas y de renuncias
en que los ruidos ahogan las palabras
y con muchos espejos medio enmascaramos la vida.
De nada nos vale la añoranza o la queja,
ni el toque de displicente melancolía
que nos ponemos por jersey o corbata
cuando salimos a la calle. Tenemos a penas
lo que tenemos y basta: el espacio de historia
concreta que nos corresponde, y un minúsculo
terrirorio para vivirla. Pongámonos
de pie otra vez y que se oiga
la voz de todos solemne y claramente.
Gritemos quién somos y que todos lo oigan.
Y al acabar, que cada uno se vista
como buenamente le apetezca, y ¡adelante!
que todo está por hacer y todo es posible
- Miquel Martí i Pol -

A bóla de palla do deserto de Arizona | A ball of straw running through the Arizona Desert

Corría unha bóla de palla do deserto de Arizona onde antes se escoitaba o balbordo dos perfís de Facebook e Twitter. Pero choveu e o verde comezou a asomar. Era outra subespecie de herba. Hoxe aprendín a diferenciar o carballo albar do carballo negro e do carballo carballo. A primeira sensación despois do momento give up é que o tempo se ensancha e se estira e se estende. Veremos como segue o proceso.

There was a ball of straw running through the Arizona Desert where until then everything was noise from Facebook and Twitter. Nevertheless, it started raining and the grass appeared. Another kind of grass. Today I learn to distinguish between quercus petrae, quercus pyrenaica and quercus robur. My first feeling after the give-up experience is an elongation and widening of the time. Let's see how the process goes on.