10 de xullo de 2012

Construir o movemento galego polo ben común: é sinxelo


Construir o movemento galego polo ben común é sinxelo. Esta é a miña proposta: 

Paso 1: Disolver todos os partidos existentes até agora (AGA, ECOGAL, EI, FPG, +G, MpB...). Coa desafección actual cara a política, a cidadanía galega non está diposta a dixerir ensaladas de siglas. Precisa solucións aos problemas do 90% da poboación fronte aos roubos do 10%. Xustiza social, un xeito de vivir dignamente e democracia real.

Paso 2: Decidir por maioría (un voto cada persoa, chámese Xosé Manuel Beiras, Xoán Antón Pérez Lema ou Xan Pericán) cal é a liña política e organizativa que se quere seguir. Polo mesmo método escóllanse portavoces/representantes.

Paso 3: Quen se sinta partícipe dos principios acordados, que traballe por eles na medida do que poida / queira. Portas abertas para entrar e saír, por descontado.

Paso 4: Repetir o paso 2 coa frecuencia que se considere necesaria.

Paso 5: Conseguir coa dedicación e o protagonismo de toda a poboación unha Galicia máis xusta, máis democrática, máis autoxestionada, máis sostíbel, mellor.

2 comentarios:

  1. Anónimo9:00 p.m.

    Paso único: Esquecer rencores e gilipolleces, coaligarse ou reintegrarse co BNG da forma que for e gañarlle as eleccións a Feijoo entre todos.

    ResponderEliminar
  2. Aínda está moi recente a ruptura do BNG, e as súas causas non parecen desaparecer. Persoalmente desexo que nun futuro exista unha coalición co BNG, do tipo da de ICV con EUiA.

    ResponderEliminar