Velaquí a "manifesto de despedida" do Chispazo, o espazo geek (informático e interneteiro) do Barcelona Atlántica. Podedes tamén escoitalo na segunda hora do derradeiro capítulo do programa.
Us deixo aquí el "manifest de comiat" del Chispazo, l'espai geek (informàtic i interneter) del Barcelona Atlàntica. Podeu també escoltar-lo a la segona hora del darrer capítol del programa.
O FUTURO NECESARIO: CONSTRUIR AS REDES LIBRES
O Chispazo, o espazo geek do Barcelona Atlántica, pon o seu sistema operativo en modo hibernación.
Participar con esta intermitente sección no Barcelona Atlántica fíxome vivir, aínda que soe grandilocuente, algúns dos momentos máis felices da miña vida. Podédelo comprobar cando queirades: “a maxia da radio” existe.
No Chispazo chegamos a construir tal ensalada de nomes interneteiros e informáticos que moitos pensariades que inventamos aquí un idioma novo. Clementine, Tumblr, Evernote, Ubuntu, Mobile World Congress, Conachan, Pidgin, Diaspora, C’mmons baby.
O que pretendín co Chispazo foi achegar o meu punto de vista de apaixoado da informática, do software libre e das redes sociais para facervos a todos partícipes.
Teño a sensación de que nos últimos meses estase producindo un punto de inflexión en internet. Se aqueles tempos de Olé, Terra, Lycos e Messenger eran a infancia da Rede, as explosións de Google e Facebook foron a nosa adolescencia.
Se cadra agora estámonos facendo maiores de idade. Algúns pensamos que Google comeza a ser “evil”, en contra dos seus principios iniciais. Facebook sae a bolsa cunha burbulla máis grande que a inmobiliaria. E o máis importante: os EUA e todos os gobernos cómplices do mundo disparan os seus lanzachamas contra a transmisión horizontal de cultura: onte foi Megaupload, tanto ten o nome, hoxe será o Peer 2 Peer e non van parar até que fagan de Internet o Centro Comercial máis grande do universo.
A non ser que nós, as cidadás e os cidadáns, nos resistamos con todas as nosas forzas. Defendamos a neutralidade da rede, utilicemos o software libre e sobre todo, construamos redes libres.
Eu, que son así de arrogante, defino “rede libre” como calqueira aportación a Internet coa intención de aumentar os dereitos das persoas, dese 99% que din nos Estados Unidos. Haberá que usar Facebook ou Twitter para chegar ao máximo número de persoas, pero hai que construir ferramentas independentes fortes: hai que levantar unha Diaspora, n-1, unha Identi.ca, unha Praza Pública, un Sermos Galiza, un Vilaweb, un Rue 89, vitaminar o Ubuntu, inundar a Wikipedia, a Vikipèdia e a Galipedia. E por suposto temos que inventar entre todos mil ferramentas máis, para reverdecer mil primaveras máis; nas redes.
Contra a filosofía das redes libres, que para min é moi semellante á do software libre, só hai un inimigo forte: a inercia, a preguiza. Pero, ¡qué carallo!, ¿quen vai cambiar o mundo se non o facemos nós? ¿non somos xente nova? ¡Pois veña, máis leña verde a ver se se ve ese fume!
Até sempre e grazas ao Barcelona Atlàntica e moi especialmente a Silvio Falcón por fracer agromar “O Chispazo”.
E lembrade, quedamos hoxe nas Redes e nas Prazas!

Imaxe: Voy a morir hoy
Derradeiro capítulo do programa | Darrer capítol del programa: Barcelona Atlàntica

Ningún comentario:
Publicar un comentario