30 de marzo de 2012

#30M


He de reconéixer que íntimament em sento una mica decebut amb la generació dels meus pares perquè no va aconseguir acabar amb la dictadura abans de la mort de Franco, i no van aconseguir fer una transició que ens convertís en una república amb justícia social.

Algun dia, potser, tindré un fill o una filla. No m'agradaria que creixés en una mercadocràcia, en una porcràcia, i guardés a dins seu un punt d'odi cap a la nostra generació, per haver permès que ens robessin, que els hi robessin, els pocs drets que ens quedaven.

Aspiro a que entre totes deixem a les nostres filles un món millor del que vam rebre dels nostres pares.

No podem exigir-nos menys. I som el 99%.
.
Teño que recoñecer que intimamente síntome algo decepcionado coa xeración dos meus pais porque non conseguiu acabar coa dictadura antes da morte de Franco, e non conseguiron facer unha transición que nos convertira nunha república con xustiza social.

Algún día, se cadra, terei un fillo ou unha filla. Non me gustaría que crecese nunha mercadocracia, nunha medocracia, e gardase dentro de si un punto de odio cara a nosa xeración, por permitirmos que nos roubaran, que lles roubaran, os poucos dereitos que nos quedaban.

Aspiro a que entre todas deixemos ás nosas fillas un mundo mellor do que recibimos dos nosos pais.

Non podemos esixirnos menos. E somos o 99%

Foto: praza.com

20 de marzo de 2012

Qué gobierno quiero yo para España

Pues bien, quiero comenzar mi intervención diciendo qué gobierno quiero yo para España y qué gobierno no quiero yo para España.

Yo quiero un gobierno como el que preside Jaume Matas en Baleares en este momento. Ése es el gobierno que yo quiero para España.

Y qué es lo que no quiero: pues un gobierno como el que había antes de que Jaume Matas fuera el presidente de Baleares.


Sigan votando ao PP. Sigan mercando El Mundo. E sobre todo, voten a CiU para que lle regale ao PP o control dos medios, que acaban de demostrar a súa habilidade para xestionalos. Que siga a festa.

Segueixin votant al PP. Segueixin comprant El Mundo. Votin CIU perquè li regali al PP el control dels mitjans, que han demostrat la seva habilitat per gestionar-los. Que segueixi la festa.

14 de marzo de 2012

Soño dunha noite bancaria


Soñei esta noite que un bo día as galegas se fartan do circo da nomenclatura bancaria e da impunidade duns poucos directivos a coller a mans cheas e apertadas os cartos de todos os cidadáns. Tanto se fartan os galegos que deciden darlle unha volta ao tambor das moedas e poñen varios conceptos do revés.

O fundamental: agora non son os bancos especuladores os que non dan crédito ás persoas. Son as persoas as que non dan crédito aos bancos especuladores. Escóitase ao fondo da xunta de accionistas de "NovaNonCaixaGalegaNovaGaliciaNCGEVO3,1416Bank" un berro profundamente revolucionario: "Amiguiños si, pero a vaquiña polo que vale!". É o sinal: nese momento comeza o goteo de aperturas de contas e depósitos na Caixa Rural Galega, en Triodos Bank, en Fiare. Pronto os bancos especuladores comprenden por fin o que é un dano colateral: perden clientes a esgalla.

Chegados a este punto, ábrese una bifurcación propia dos bos libros de aventuras. Se queres que os bancos especuladores reaccionen positivamente, pasa á páxina 34. Se pola contra cres que non reacciónarán a esta nova situación, pasa á páxina 56.

Páxina 34: O banco innombrábel ten aínda moitos cartos, pero perdeu todo o protagonismo na sociedade. Síntese como un reprodutor de vídeo VHS, esquecido debaixo dun aparello moito máis moderno e útil para a sociedade: a banca ética, a banca cooperativa. Tal é o panorama para o banco innombrábel que decide facer unha maniobra de alto risco: cambia o nome por enésima vez e pasa a chamarse Banco de Vidro. En Galiza e no estranxeiro hai certo desconcerto con este nome. O Banco de Vidro explica o seu proxecto: vai ser un banco totalmente transparente e cooperativo, que se vai amoldar á sociedade e vai optar sempre polo beneficio da maioría. Que outra cousa tería sentido? Fin.

Páxina 56: O banco innombrábel ve como os seus novos competidores, Caixa Rural Galega, Triodos Bank, Fiare, teñen a simpatía da maioría da poboación, e decide contraatacar co que mellor sabe facer: unha conta co 25% de interese + unha termomix premium advance plus! Entra unha xubilada co seu neto á oficina do banco innombrábel de Boimorto e o director recíbeos cun tenso e esperanzado sorriso. Fala o neto: "señor director, só vimos para dicirlle que teño memoria histórica, sabe o que iso significa?". E, sen máis, a avoa máis fachendosa do mundo e o seu neto marchan da oficina debatindo cal das tres opcións bancarias lle convén máis á sociedade: Caixa Rural Galega, Triodos Bank ou Fiare. A oficina de Boimorto do banco innombrábel fecha aquel mes. O banco innombrábel fecha o mes seguinte. Ao director do banco innombrábel aplícanlle o que se coñece naquela altura como "Lei Islandia". Fin

Foto: crinklecrankle (cc)

A despedida do Chispazo | El comiat del Barcelona Atlàntica



Velaquí a "manifesto de despedida" do Chispazo, o espazo geek (informático e interneteiro) do Barcelona Atlántica. Podedes tamén escoitalo na segunda hora do derradeiro capítulo do programa.

Us deixo aquí el "manifest de comiat" del Chispazo, l'espai geek (informàtic i interneter) del Barcelona Atlàntica. Podeu també escoltar-lo a la segona hora del darrer capítol del programa.

O FUTURO NECESARIO: CONSTRUIR AS REDES LIBRES

O Chispazo, o espazo geek do Barcelona Atlántica, pon o seu sistema operativo en modo hibernación.

Participar con esta intermitente sección no Barcelona Atlántica fíxome vivir, aínda que soe grandilocuente, algúns dos momentos máis felices da miña vida. Podédelo comprobar cando queirades: “a maxia da radio” existe.

No Chispazo chegamos a construir tal ensalada de nomes interneteiros e informáticos que moitos pensariades que inventamos aquí un idioma novo. Clementine, Tumblr, Evernote, Ubuntu, Mobile World Congress, Conachan, Pidgin, Diaspora, C’mmons baby.

O que pretendín co Chispazo foi achegar o meu punto de vista de apaixoado da informática, do software libre e das redes sociais para facervos a todos partícipes.

Teño a sensación de que nos últimos meses estase producindo un punto de inflexión en internet. Se aqueles tempos de Olé, Terra, Lycos e Messenger eran a infancia da Rede, as explosións de Google e Facebook foron a nosa adolescencia.

Se cadra agora estámonos facendo maiores de idade. Algúns pensamos que Google comeza a ser “evil”, en contra dos seus principios iniciais. Facebook sae a bolsa cunha burbulla máis grande que a inmobiliaria. E o máis importante: os EUA e todos os gobernos cómplices do mundo disparan os seus lanzachamas contra a transmisión horizontal de cultura: onte foi Megaupload, tanto ten o nome, hoxe será o Peer 2 Peer e non van parar até que fagan de Internet o Centro Comercial máis grande do universo.

A non ser que nós, as cidadás e os cidadáns, nos resistamos con todas as nosas forzas. Defendamos a neutralidade da rede, utilicemos o software libre e sobre todo, construamos redes libres.

Eu, que son así de arrogante, defino “rede libre” como calqueira aportación a Internet coa intención de aumentar os dereitos das persoas, dese 99% que din nos Estados Unidos. Haberá que usar Facebook ou Twitter para chegar ao máximo número de persoas, pero hai que construir ferramentas independentes fortes: hai que levantar unha Diaspora, n-1, unha Identi.ca, unha Praza Pública, un Sermos Galiza, un Vilaweb, un Rue 89, vitaminar o Ubuntu, inundar a Wikipedia, a Vikipèdia e a Galipedia. E por suposto temos que inventar entre todos mil ferramentas máis, para reverdecer mil primaveras máis; nas redes.

Contra a filosofía das redes libres, que para min é moi semellante á do software libre, só hai un inimigo forte: a inercia, a preguiza. Pero, ¡qué carallo!, ¿quen vai cambiar o mundo se non o facemos nós? ¿non somos xente nova? ¡Pois veña, máis leña verde a ver se se ve ese fume!

Até sempre e grazas ao Barcelona Atlàntica e moi especialmente a Silvio Falcón por fracer agromar “O Chispazo”.

E lembrade, quedamos hoxe nas Redes e nas Prazas!

Imaxe: Voy a morir hoy
Derradeiro capítulo do programa | Darrer capítol del programa: Barcelona Atlàntica

8 de marzo de 2012

Con Lego todo é posíbel | Amb Lego tot és possible



Bo día a todas. Collede un pouco de perspectiva, pensade en tempo xeolóxico, mirade o ceo e respirade tranquilamente. A que tedes unhas ganas incríbeis de sorrir?

Bon dia a tothom. Agafeu una mica de perspectiva, penseu en temps geològic, mireu al cel i respireu tranquilament. Oi que teniu unes ganes increïbles de somriure?