29 de febreiro de 2012
Al telenotícies, un dia qualsevol:
(via @antoniitalo)
Exercici d'agudesa visual: quina de les dues meitats de la imatge superior es correspon amb la imatge inferior (foto de la manifestació a Barcelona en defensa de la universitat pública #29F)?
Down and Out in Paris and London
22 de febreiro de 2012
21 de febreiro de 2012
18 de febreiro de 2012
Jo també em pixo de riure | Eu tamén mexo coa risa
Per això demà em manifestaré públicament contra aquesta reforma laboral, i m'oposaré a qualsevol mesura que acceleri l'expoli que els dirigents de les grans empreses estan fent dels diners i les llibertats de la immensa majoria de la població mundial. El PP i el PSOE fan cara de Pedro Piqueras per augmentar el shock. Doncs a mi no m'agafareu. Jo em pixo de riure. Demà, als carrers.
- 10:45hrs. Pl Universitat: Uni+IES
- 11:00hrs. Pl. Catalunya: CGT, En Lluita i altres
- 11:30hrs. Enric Granados amb Diagonal: Bloc crític: iaioflautes, feministes indignades i altres
- 12:00hrs. a Jardinets de Gràcia. Centrals sindicats
I que no diguin mai més que no hi ha alternativa.
1. Impostos progressius: Qui més té ha de pagar una proporció més gran a la redistribució de la riquesa. Impostos al capital i especialment a l'especulació financera.
2. Persecució real al frau fiscal: "El 76 del fraude está en empresas que facturan más de seis millones de euros, pero el 80 por ciento de los funcionarios de Hacienda están destinados a controlar a los trabajadores" (Jesús Barcelona, delegat del sindicat de tècnics de Hisenda).
Por iso mañá voume manifestar públicamente contra esta reforma laboral, e oporeime a calquera medida que acelere o expolio que os dirixentes das grandes empresas están facendo dos cartos e as liberdades da inmensa maioría da poboación mundial. O PP e o PSOE poñen cara de Pedro Piqueras para aumentar o shock. Pois a min non me ides coller. Eu mexo coa risa. Mañá, nas rúas.
E que non diguen nunca máis que non hai alternativa.
1. Impostos progresivos: Quen máis ten debe pagar unha proporción máis grande á redistribución da riqueza. Impostos ao capital e especialmente á especulación financieira.
2. Persecución real á fraude fiscal. "El 76 del fraude está en empresas que facturan más de seis millones de euros, pero el 80 por ciento de los funcionarios de Hacienda están destinados a controlar a los trabajadores" (Jesús Barcelona, delegado do sindicato de técnicos de Facenda).
16 de febreiro de 2012
O mundo dos maiores

Foto CC BY-SA: pawpaw67
Neuronas desconcertadas.
O capitalismo non trae as felicidades prometidas.
Sons de porras.
O mundo dos maiores,
os maiores,
os maiores son eses que falan seriamente
e abroncan aos seus fillos,
non se sabe por que.
Os trens pasan a toda velocidade,
saltarei dun a outro
como Biralbo
pero intentando non esmagar a ninguén contra as vías.
Construir algo vivo
no lecer
é máis utópico que a socialdemocracia.
Este pseudopoema
parece escrito
por un neno de trece anos.
Como ten que ser.
14 de febreiro de 2012
Choivaterapia | Plujateràpia
CC BY 2.0: anthonylavado
Aínda non se inventou a palabra "choivaterapia", pero coa de magufadas que comemos con patacas todos os días, non ha tardar moito algunha empresa en rendibilizar tamaño concepto.
Eu o único que quería é compartir con todas e todos vós un truquiño para facilitar a concentración, sentírmonos máis relaxados e evitar en parte as interrupcións de compañeiras de traballo.
Trátase simplemente de descargar a "canción" Rainy Mood: 34 minutos de choiva suave pero persistente, con algúns tronos lonxanos, sobre todo ao principio, e algún paxariño atrevido de cando en vez.
Unha vez tes a pista no teu ordenador, pos os auriculares et voilà, xa estás aillado do mundo exterior (máis ou menos aillado en función do volume ao que axustes a choiva).
Diría, se fose director de mercadotecnia, que Rainy Mood está especialmente indicado para galegos que habitan en lugares onde se poden contar cos dedos das mans os días do ano que chove.
E lembrade: a min funcióname.
Rainy Mood "online" | rainymood.com
Rainy Mood para descargar | 4shared
Encara no s'ha inventat la paraula "plujateràpia", però amb la quantitat de magufades que ens mengem amb patates cada dia, no tardarà gaire alguna empresa a rendibilitzar aquest genial concepte.
Jo l'únic que volia és compartir amb totes i tots vosaltres un truquet per facilitar la concentració, sentir-nos més relaxats i evitar en part les interrupcions de companyes de feina.
És simplement descarregar la "cançó" Rainy Mood: 34 minuts de pluja suau però persistent, amb algun tro llunyà, sobretot al principi, i algun ocellet agossarat de tant en tant.
Un cop tens la pista al teu ordinador, poses els auriculars et voilà, ja estàs aïllat del món exterior (més o menys aïllat en funció del volum que ajustis la pluja).
Diria, si fos director de mercadotècnia, que Rainy Mood està especialment indicat per a gallecs que habiten en llocs on es poden comptar amb els dits de les mans els dies de l'any que plou.
I recordeu: a mi em funciona.
Rainy Mood "online" | rainymood.com
Rainy Mood para descargar | 4shared
6 de febreiro de 2012
Rajoy está nunha falla oceánica.
Foto: Tamara De la Fuente
Rajoy é tan mediocre...
Tedes que ler a Entrevista de Bea a Emilio José para disquecool