28 de xullo de 2011

O tempo, Mario Regueira, Leo Babauta, a calma. | El temps, Mario Regueira, Leo Babauta, la calma.


Imag0534


O artigo de Mario Regueira “Contra a rede das pequenas cousas” chegou aos meus ollos hai xa un tempo, e creo que pasou a ese curioso dobre fondo do cerebro onde van parar moitas ideas que acaban formando parte do meu xeito de ver o mundo, aínda que a maioría das veces esqueza as fontes. Citar as fontes non é fácil cando a memoria ten un comportamento cando menos curioso.


Hai pensamentos no artigo de Mario que coinciden con algúns dos que me fixeron reanimar o blogue no sentido clásico da palabra aló polo mes de abril


Vella é xa a frase “metabloguear é o peor, mais aquí sérveme para presentarvos un home moi interesante: Leo Babauta.


Ler a cotío o blogue de Leo Babauta mnmlist.com fíxome reflexionar sobre o tempo, o traballo, a calma, a tese doutoral, o consumo, as persoas que me rodean, o esmarfon, a comida, as redes sociais, as cousas que almacenamos… non é pouca cousa.


É curioso, é a primeira vez que me engacho a un blogue en inglés, e ademais un blogue dun xénero que se podería calificar, aínda que soe pexorativo hoxe en día, de autoaxuda. O certo é que a partir de mnmlist, de zenhabits e outras lecturas semellantes estou atopando unha certa calma vital que necesitaba nos últimos tempos.


Seguiremos informando.


L'article de Mario Regueira “Contra a rede das pequenas cousas” va arribar als meus ull ja fa un temps, i crec que va passar a aquell curiós doble fons del cervell on van a parar moltes idees que acaben formant part de la meva manera de veure el món, tot i que moltes vegades oblidi les fonts. Citar les fonts no és fàcil quan la memòria té un comportament com a mínim curiós.


Hi ha pensaments a l'article de Mario que coincideixen amb alguns dels que em van fer reanimar el bloc en el sentit clàssic de la paraula pels volts del mes d'abril


Vella és ja la frase “metabloguejar és el pitjor, però aquí em serveix per presentar-vos un home molt interessant: Leo Babauta.


Llegir sovint el bloc de Leo Babauta mnmlist.com m'ha fet reflexionar sobre el temps, la feina, la calma, la tesi doctoral, el consum, les persones que m'envolten, l'esmarfon, el menjar, les xarxes socials, les coses que emmagatzemem... no és pas poca cosa.


És curiós, és el primer cop que m'enganxo a un bloc en anglès, i a més un bloc d'un gènere que es podria qualificar, tot i que sona pejoratiu avui dia, d'autoajuda. El cert és que a partir mnmlist, de zenhabits i altres lectures semblants estic trobant una certa calma vital que necessitava en els darrers temps.


Seguirem informant.

1 de xullo de 2011

As culpas, por Mario Regueira

Seguindo unha das recomendacións de Mario (fotocopien, escaneen, pirateen), pego aquí a que quizais é a análise máis interesante de todas as que se fixeron arredor do feche de Galicia Hoxe. A máis interesante sobre todo porque nos fai pensar na lóxica e nas trampas lóxicas nas que tantas veces caemos. Os cataláns, por exemplo, tan capitalistas e libremercadistas como son/somos moitas veces, teñen/temos unhas subvencións fortes aos medios que utilizan o catalán. Non sigo falando que escarallo o artigo. Grazas, Mario:


As culpas



Media_httpoportodoses_jdlei


Non direi que non consuman produtos galegos. Consuman produtos galegos. Merquen libros e banda deseñada, vaian ao pouco cinema que as salas proxectan na nosa lingua, se queren subscribirse a un xornal, subscríbanse a un xornal en galego, vaian a concertos de música galega e en galego, acudan ao teatro. Mesmo máis aló do estritamente cultural, acudan aos mercados de abastos, busquen produtos da nosa terra e daqueles escollan os que teñan etiquetaxe na nosa lingua, non volvan a locais que non teñan a carta polo menos tamén na nosa lingua e tenten probar naqueles outros que ademais teñen un compromiso firme cos produtos do noso país e cos pequenos produtores. Agasallen algunha desas moitas opcións, moi especialmente  ás crianzas, que no medio do maremagnum Disney lembrarán sempre a sorpresa das historias que chegan nunha lingua distinta, unha lingua rebelde e máxica onde todo parece posíbel.


Porén non direi só que consuman. Descarguen música, fotocopien, escaneen, pirateen, se son persoas afoutas rouben libros nas grandes superficies, descarguen filmes e series, cóense nos concertos, lean a prensa na rede, espolien as bibliotecas públicas e espolien as bibliotecas dos amigos, aproveiten os espectáculos gratuítos ou que só custan o prezo dunha consumición. Empápense de cultura, critíquena, desprecen os seus produtos cativos e emociónense cos brillantes, porque iso é basicamente para o que valen todas as culturas do mundo, para estabelecer un diálogo intemporal. Nunca un estanque, sempre un caudal, cos seus remuíños e os seus remansos, coas súas augas podres e aquelas outras ateigadas de peixes.


E non direi só que merquen, porque as novas tristes destes días levaron en demasiadas ocasións a responsabilizar aos interesados na cultura e na supervivencia da lingua, a caer no remuíño da lóxica neoliberal segundo a cal para que unha cultura (sen estado) exista debe ser rendíbel economicamente. Mentres os grandes medios do país recibiron axudas (non poucas veces no nome da normalización lingüística), os pequenos proxectos coherentes coa lingua teñen que explicar a súa supervivencia no medio da xungla do mercado. Cando grande parte das industrias do país están subvencionadas, as empresas culturais galegas teñen que sobrevivir co posto ou afrontar unha extinción que se xustifica na súa baixa rendibilidade comercial, non demasiado diferente á doutras empresas que seguen adiante.


Caer na trampa de asumir a nosa responsabilidade persoal implica asumir a lóxica perversa das cousas, unha lóxica que nos levan suxerindo dende hai anos e que é, en realidade, unha das grandes falacias da relación entre a cultura galega e a imposición castelá. Naturalmente que sempre debemos estar ao lado da nosa cultura, pero o peso económico do mantemento de moitos dos seus proxectos non é unicamente responsabilidade nosa. Existe unha responsabilidade estrutural de todos os gobernos en manter determinados sectores de interese público. Se no Estado español fechase o último xornal diario en castelán, o goberno inxectaría cartos para evitalo. Algo semellante acontecería se o cinema en castelán tivese anos en branco ou anos cun par de filmes. Se o castelán perdese un grande número de falantes en favor do inglés, por exemplo, a campaña gobernamental para impedilo sería brutal. O interese en manter este tipo de campos non é só moral ou gratuíto, aparece recollido en distintos puntos do aparello lexislativo. No caso galego tamén, polo que a desidia do mal goberno que nos asombra non é só unha incompetencia e unha mostra de ignorancia, senón un abandono neglixente dos deberes que lle son propios.


E si, insisto, compren produtos galegos, apoien os proxectos propios e fagan por que a nosa cultura floreza e medre comercialmente. Porén, a próxima vez que feche un xornal, unha editora, unha sala de teatro ou un festival de música, non caian no xogo das culpas doadas nin cedan á lóxica perversa do capitalismo imperialista. Non lles corresponde aos nosos soldos de obreir@s e precari@s soster todo o edificio enorme da nosa cultura. Ou si, pero a través dos impostos que hoxe, en función da xestión deste goberno, van para cabeceiras que se expresan nunha lingua estranxeira, para grupos musicais formados en Madrid ou para asociacións que defenden un apartheid lingüístico demencial.


Artigo orixinal: As culpas (O porto dos escravos)