3 de decembro de 2010

Declaración dos Dereitos Humanos, versión Monarquía Parlamentaria

Artigo 1:


Todos os seres humanos nacen libres e iguais en dignidade e dereitos, excepto Juan Carlos I e os seus descendentes in saecula saeculorum, e, dotados como están de razón e conciencia, excepto Juan Carlos I e os seus descendentes in saecula saeculorum, deben comportarse fraternalmente os uns cos outros, excepto Juan Carlos I e os seus descendentes in saecula saeculorum.


(Nota do editor: resulta un pouco máis farragoso pero é máis axustado á realidade)

Ningún comentario:

Publicar un comentario