14 de novembro de 2010

Pide desculpas, abstracta.

Ollo á retórica de Currás.


Dicir que falarás en castelán e non en galego porque o tema é “de por si bastante abstracto” é o novo xeito de mostrar a libertad, libertad, sin ira, libertad en temas lingüísticos.


Outra e mil veces máis o goberno do PP tropeza coa mesma pedra: o galego para as cousas concretas (vacas), o castelán para as cousas abstractas (economía). O galego para as asignaturas supostamente pouco importantes (música, debuxo… son pouco importantes?), o castelán para as ciencias (uno por unoo unoo, uno por dooos doss, uno por trees cuatro… golpe de regla!).


Non se lle pode deixar gobernar o país a estes iluminados. Non entremos en dereita/esquerda, non entremos en nacionalismo galego/nacionalismo español. Simplemente é un insulto á intelixencia dos cidadáns e cidadás de Galiza.

Ningún comentario:

Publicar un comentario