18 de decembro de 2008

Si eres legal... que no te acusen de pirata








12 verdes carteis da campaña "Si eres legal, eres legal" na miña pequena facultade. Está claro, a universidade é obxectivo principal, porque a xente nova compartimos música, películas, programas e ficheiros de todo tipo.



Mais... vouvos revelar unha verdade case mesiánica: compartir non é delito! No blogue de David Bravo podedes ver casos e máis casos sobreseídos.












Teatriño en 3 ocorrencias. 2 personaxes: o Menestro de Cultura e a Menestra de Cordura. Ábrese o telón.




Menestro de Cultura:


- O eMule (e similares) non é ilegal. Convenzamos á xente de que descargar música é malo. Necesitamos campañas terxiversadoras e webs con caveiras e fondos negros. E tocar a fibra sensible. Maltrato a unha embarazada! Quen se pode opoñer? No momento no que teñamos a opinión pública da nosa parte... zas! Reforma lexislativa! E ¡oh, sorpresa!, compartir será ilegal.


Menestra de Cordura:


- E se tentamos adaptarnos á nova realidade tecnolóxica, promovemos o acceso aberto á cultura e procuramos novos métodos de rendibilidade económica?



Menestro de Cultura:

- Eh? Acabo de ter unha idea mellor, moito máis lóxica e moderna! Volvamos aos discos de pizarra! Ha! A ver quen se atreve a copialos! Piratillas a min!



Parécevos patético o teatriño? Logo non miredes este: Niños buenos de la SGAE. Quen quere Eixo do Mal tendo ao Capitán Clonado?

Queredes saber máis? Descubride as 10 mentiras máis difundidas sobre a propiedade intelectual.

Ningún comentario:

Publicar un comentario