ABRENTE
Esperguízasme tí:
levo na fronte
o arume balsamado do teu bafo.
MERIDÍA
Aluméasme tí:
levo no peito
a fogueira tremante do teu riso.
SERAN
Acoróasme tí:
levo na i-alma
o solpor nugallán da túa ollada.
NOITE
Énchesme toda tí:
na miña soma
boliga a astrolomía do teu corpo.XOSÉ MARÍA ÁLVAREZ BLAZQUEZ, Poemas de ti e de min (1949)
Grazas a Vieiros.com
Feliz Día das Letras Galegas 2008! (el nostre Sant Jordi)
Ningún comentario:
Publicar un comentario