21 de maio de 2006

Unha pequena xoia en YouTube

Una petita joia a YouTube


Media_httpwww23hqcomx_ftxpj



[youtube=[youtube http://www.youtube.com/watch?v=VTAMF4zw93I?wmode=transparent]]

Andreu, Jose e Luís, tres rapaces que me caen moi ben.

Andreu, Jose i Luís, tres nois que em cauen molt bé.

Letras Galegas na Universitat de Barcelona Lletres Gallegues a la Univeristat de Barcelona





Media_httpwww23hqcomx_lelqk




[Per llegir la traducció al català feu click a on fica "Read the rest of this entry" ]

(...) Pasaron os anos pero tanto a Galiza do noso tempo como o teatro galego (...) seguen tendo os mesmos cabalos de batalla: ver se Galiza é unha nación, se é un nome propio, unha provincia polaca... e demostrar día a día que o idioma galego é vehículo de manifestacións artísticas e sociais elevadas. As salvedades que afectan hoxe ás dúas cuestións son iguais ou maiores ás que se atopan nas producións de Lugrís. O teatro galego de hoxe vive maiormente alleo (...) a estas cuestións. O teatro galego dos nosos días non afrontou aínda o reto de facer o diagnóstico da Galiza de hoxe, das súas doenzas e dos seus méritos, das súas virtudes e miserias, da súa vontade de supervivencia e da súa lenta aniquilación, como fixo Lugrís no seu tempo. Estou firmemente convencido de que se o teatro galego non fai ese diagnóstico que fixo Lugrís no seu tempo, ninguén o fará. E aínda máis, de que só acometendo esa tarefa demostrará o teatro galego que o noso idioma é un vehículo expresivo elevado. Quizais ao cumprimento desa tarefa contribuirá a ESAD de Galiza mais quen sabe, iso dirao o futuro.

(...) Pois ben, para rematar este discurso que ata qui lancei, quixera empregar as palabras doutro discurso: dun mítin que pronunciou Lugrís Freire en Betanzos o 6 de outubro de 1907 e que supuxo o primeiro mítin da historia en lingua galega. Naquel lugar e naquel día grandes e prolongados aplausos adornaron a conclusión da súa arenga que remataba como rematará, agora si, esta miña alocución da seguinte maneira:

'Escoitade este pequeno conto, que é de moito proveito:

"Unha vez un vello petrucio estaba enfermo de morte. Chamou a rente do seu leito aos nove fillos que tiña e díxolle ao máis pequeno: -Colle unha vara de vimbio e rómpea. A vara rompeu facilmente.

Despois díxolle ao fillo máis vello, que era forte e valente, que rompera as nove varas xuntas. Por moita forza que fixo, non puido nin sequera dobralas. Entón dixo o vello petrucio: -Xa vedes, meus fillos, que unha vara soa é fácil de romper, pero todas xuntas non hai quen as dobre. Eu vou morrer axiña e rógovos que teñades sempre irmandade, que vos defendades todos xuntos para que os vosos inimigos non poidan facervos mal."

Seguide pois asociándovos, xuntádevos contra os vosos inimigos e seredes fortes e seredes libres e faredes libre e honrada, rica e poderosa, a terra querida onde todos nacimos.

Viva Galiza. Viva a solidariedade.'


Grazas.