26 de xullo de 2005

Día da Resaca Galega


Media_httpaouriceirab_mqdbb

Visto o panorama do domingo á noite polas rúas compostelás, ese podería ser un máis dos múltiples nomes do 25-J (Día do Apóstolo, Día de Galicia, Día da Patria Galega...) En xeral levei moi boa sensación do Festigal deste ano. Moita xente de todas as idades, moitas actividades interesantes e concertos de gran calidade. Só faltou ela. Foron para destacar, na miña opinión, os directos de La Phaze, Expensive Soul e Dios Ke Te Crew. Mágoa que non puiden chegar ao da Safari Orquestra. Aínda que nunca oín a esta tropa, teñen ao seu favor boas críticas e o feito de que un curmán meu sexa parte integrante. Outra vez será. E a Fragagá quédanlle dous días de presidente. Desta foi, carallo! Derrubamos ao creador do PP. Agora estaría ben que todo o partido se viñese abaixo en efecto dominó. Felicidades a tod@s s galegs polo seu día grande. Dia de la Resaca Gallega (llegir en català) => Un cop vist el panorama de diumenge a la nit pel carrers de Compostela, aquest podria ser un altre nom a afegir a la llista del 25-J (Día do Apóstolo, Día de Galicia, Día da Patria Galega…) En general torno amb molt bona sensació del Festigal d’enguany. Molta gent de totes les edats, moltes activitats interesants i concerts de gran qualitat. Només va faltar ella. M’agradaria destacar el directes de La Phaze, Expensive Soul i Dios Ke Te Crew. Llástima que no vaig poder arribar al de la Safari Orquestra. Encara que no l’he sentit mai, tenen a favor seu bones crítiques i el fet que un cosí meu sigui part integrant. Haurà de ser un altra vegada. I a Fragagá li resten dos dies de president. Desta foi, carallo! Hem enderrocat al creador del PP. Ara estaria bé que tot el partit s’esfondrés en efecte dominó.

Ningún comentario:

Publicar un comentario